Vídeos

quarta-feira, 26 de novembro de 2003

O crime perfecto

Cando oímos falar do fascismo vénnos á cabeza os uniformes das SS, as cruces gamadas, as botas de coiro negro.... Son clichés que nos axudan a identificar este fenómeno domesmo xeito que nos impiden entender o
procesomoitomáis profundo e complexo que o provoca. O fascismo, minoritario neste tipo de expresións estereotipadas, só ten éxito cando existe unha grandemasa social neutra e permisiva quemira para outro
lado. Pais de familia, corteses e afábeis que non teñen nada que obxectar ao exterminio dun segmento social e que conseguen dalgún xeito delegar nestes grupos de choque ou nos aparatos do Estado, a execución
demoitos dos seus desexosmáis inconfesábeis. Enmoitos casos, nun momento de exaltación ou de xeito frío e calculado, ata omáis educado cidadán se atopa formando parte dun pelotón de fusilamento e disparando contra un Alexandre Bóveda;mesmo é posíbel que algún que aperte o gatillo comparta e defenda asmesmas ideas que a víctima pero que nesemomento as teña temporalmente suspendidas, porque verdadeiramente, o fascismo,máis que un ideario é a ausencia de todo compromiso teórico, un chegue en branco, un cravo ardendo, unha corda que cantomáis firme nos atamáis seguro nos fai sentir ao saltar ao baleiro. Pero sobre todo, o fascismo é tirar a pedra e esconder aman.
Se reconstruímos o caso Bóveda e pretendemos atopar un culpábel, tropezamos cunha responsabilidade tan
desdebuxada que semella presentársenos coma unha catástrofe natural cando sabemos que aconteceu por
obra de vontade humana. Se houber que acusar a alguén, poderíamoslimitar o rango aos que dispararon, aos que deron a orde, aos que fixeron a parodia de xuízo... aínda así todos os directamenteimplicados poderían alegar que recibían ordes, que non se terían comportado dese xeito senón fora nomarco dunha guerra que eles non causaron. As circunstancias atenuantes emesmo eximentes,libraríalles de toda culpa. Ao fin, Bóveda foi asasinado e ninguén pagaría poristo porque naquel entón, matar era gratis e dun réxime que era xuíz e parte, non cabería agardar reparación dainxustiza cometida. A esta situación, na que a pena capital é administrada cunhalóxica burocrática que fai difícil atopar a verdadeiraintencionalidade dos autores, non se chega casualmente aínda que tamén se presente como productoinevitábel daidiosincrasia peninsular. Non se tería producido ainmolación do dirixente nacionalista se non for porque se construíron as condicións para que esta quedase impune. O móbil do crime é obvio e a quen favoreceu as úamorte, tamén. Pero esta non selevaría a cabo se lles tivera custes aos adversarios políticos que defendíanintereses antagónicos dos que el representaba.
Non abonda con dicir que a súa execución se explica polo seu compromiso coa causa galega, por ser un cadro indispensábel da auto-organización do país... pois esta foi posíbelmercé a crear a oportunidade para que este acto, en vez de ser tipificado como un delicto, fora concibido polos seus autores como unha resolución administrativa e viran cubertas as costas e tranquilizada a súa conciencia. En definitiva,Bóveda non sería asasinado senón se crearan dúas condicións que explican por unha banda que os verdugos se decidiran alevar adiante a súa acción e pola outra que Alexandre optase por renunciar a súa salvaciónindividual emesmo vira neste feito unha ocasión para ratificar as súas teses políticas. E namedida
en que a lexislación excepcional coa que se investiu de legalidade o homicidio naceu dun determinado contexto
que nos remite aos responsábeis de xerar dito estado de opinión que fixo posíbel aimpunidade e que coincide cos detentadores do poder quelle quitou a vida a quen encabezaba a dirección domovemento de autogoberno do país; podemos dicir que esta execución non é un axustizamento senón a perpetración dun autentico crime con premeditación, nocturnidade e aleivosía.

[Premeditación]


Se poristo entendemos pensar reflexivamente unha cousa antes de executala, o pensamento español hexemónico personalizado en figuras como Unamuno ou Ortega tiñan teorizado sobre a cuestión "rexional" nuns termos que non deixabalugar a dúbidas sobre a concepción da diversidade como enfermidade que había que extirpar no caso de que se agudizara o seu cadro clínico. O paradoxo é que se presentaban desde unha posición de forzamoral porque sostiñan amáxima da tolerancia como fórmula deir soportando a heteroxeneidade como bondadosos pais de familia que estaban chamados a vertebrar baixo a súa autoridade aos diferentes fillosinmaturos e rebeldes que abranguía os seus dominios. Pero estaidea de tolerancia implica primeiro a consideración dos outros como desprovistos de dereitos que cada vez que reclaman algo que nonlles corresponde, non fan senónmolestar, e segundo, que existe a supremacía dun pobo, dunha cultura, dunhalingua, dunha raza ou do que sexa que representa un centro baixo aidea de que eles son o todomentres que os demais só son partes, reclamando a subordinación das partes. Destas dúasideas se deriva que a tolerancia ten unlímite e que eselímite é o centro quen o determina discrecionalmente.

[Nocturnidade]

Non se defendía claramente e a plenaluz do día a tese do EstadoCentralista e Imperial. Algo que a primeira vista podía causar receo.Mesmo as forzas estatais se daban de federalistas e a constitución selle dicía federábel. Ninguén ousaba a opoñerse ao Estatuto de Galiza pero todos o adiaban na súa axenda eternamente. No canto de recoñecer a realidade existente, os estatutosíanse outorgando a segundo foran facendo forza as diferentes comunidades, reforzando así aidea dos pedichónsincordiantes e establecendo agravios comparativos entre as distintas nacionalidades (decreto de bilingüismo só paraCataluña, Generalidat por decreto,....)
Así pois, tendo en conta a diversidade do Estado e os distintosintereses enliza no canto de recoñecelos e canalizalos formalmente para resolvelos de xeito pacífico, o que se fixo foi tapalos hermeticamente como unha ola a presión para que estouparan de xeito violento e alegalidade vixente fóra substituída polalei domáis forte no marco da cal o enfrontamento se resolvería obviamente a favor deseCentro Imperial que sempre se alimentou disimuladamente e para o que sempre traballaron de xeito oculto pero real os chamados "autonomistas" ou "federalistas" dos partidos republicanos estatais, e que agora xa semostra a cara descuberta, desde unha posición de forza polo nacional-catolicismo que releva a estes na defensa damesma estructura dun Estado piramidal e xerárquico fundado sobre a desigualdade.

[Aleivosía]

Hai unhaintención clara de descabezar o país de xeito exemplar. Non era necesario para a toma de poder nin para unha rápida victoriamilitar o asasinato de persoas como Alexandre Bóveda, pero o que eles chamaban "asegurar a retagarda" tiña un fin estratéxico moito máisalá da contenda. A formación dunha xeración de cadros políticos capaz de dirixir un país de xeito patriótico,isto é, antepoñendo o beneficio colectivo á carreira persoal, pode ser cousa de séculos. Pero ao eliminalos non só se lle dá para atrás ao reloxo no referente ás elites, senón que o empoderamento da xente que se chegou a sentir capaz de valerse por si propios e a afouteza para non temer ao cambio e ao novo, desaparecen da sociedade, e o medo, o terror,interiorízase por xeracións en toda a poboación persuadíndoos de volver a "meterse en política".
Poristo aBóveda, nese panorama, nonlle quedaba outra que utilizar a súa propiamorte para soster as súas teses, tal como acreditan as diferentes testemuñas. A fuxida non era unha opción porque a reconstrucción do nacionalismo precisaba facerse sobre a base de que o fracaso da auto-organización do país non era debido ao apoucamento eincapacidadeinherente dos galegos para gobernarse, senón á brutalidade allea para esmagar a súaliberdade.
Bóveda sabía que baixo a represión, a organización e o corpo se acochan, e a tentación émesmo disocialos das ideas e damente. O corpo e a organización son unha carga pesada da que todos se pretenden desprender para que non teñan por onde coller, pero a clandestinidade esixe forteslazosinformais, unha glándula pineal que manteña a comuñón de ambas as dúas dimensións. E por iso, historicamente houbo que prestarse a sacrificios deste tipo para fundir corpo e espírito nunmesmo acto definitivo e aomesmo tempo fundacional dun novo xeito delevar aloita política e que non pode pasar en ningún caso polo divorcio entreideario e estructura, entre teoría e praxe, hai agora 30 anos puidemos comprobalo no caso de Salvador Allende.
O galeguismo sen partido, a alma sen corpo, amística do piñeirismo, terá que construírse sobre o esquecemento de Bóveda, a súalembranza desautoriza aos que afirman que os galegos son xeneticamenteincapaces de desenvolverse coas súas propias forzas.Bóveda deslexitima tamén un Estado construído sobre os cadáveres dos discrepantes, o patriotismo constitucional fillo dos principios do movemento, non pode esgrimirse contra os descendentes deBóveda recreando omesmo clima de
linchamento do disidente que sufriu o galeguismo republicano, porque a tradición democrática do nacionalismo galego queda selada co seu fusilamento,mentres que se alguén está baixo sospeita de autoritarismo son outras forzas políticas deinfausto pasado. Agora, afortunamente,matar émáis caro gracias alembrar aosmártires. Hoxe teñen quemedirse porque xa non é posible quedar libre de culpa, a memoria activa é quen de impedir que outra volta se volva cometer o crime perfecto.